Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

OLLA POLO BURATIÑO

Arquivo: Febreiro 2007

28/02/2007 GMT 1

DANZA DA LUA EN SANTIAGO (Adiviña o autor..)

nisesa @ 13:22

luna.jpgDANZA DA LUA EN SANTIAGO
¡Fita aquel branco galán,
olla seu transido corpo!

É a lúa que baila
na Quintana dos mortos.

Fita seu corpo transido
negro de somas e lobos.

Nai: a lúa está bailando
na Quintana dos mortos.

¿Quén fire potro de pedra
na mesma porta do sono?

¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!

¿Quen fita meus grises vidros
cheos de nubens seus ollos?

¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!

Déixame morrer no leito
soñando con froles dóuro.

Nai: a lúa está bailando
na Quintana dos mortos.

¡Ai filla, co ar do céo
vólvome branca de pronto!

Non é o ar, é a triste lúa
na Quintana dos mortos.

¿Quén brúa co-este xemido
dímenso boi melancónico?

¡Nai: É a lúa, a lúa
coronada de toxos,
que baila, e baila, e baila
na Quintana dos mortos!

26/02/2007 GMT 1

SEMPRE CHOVE...

nisesa @ 20:59

lluvia.bmpCHOVE…

Chove na rúa
Chove no río
Chove no monte
Chove no mar
Por toda Galicia chove sin parar…

Choven palabras
Choven suspiros
Choven tristuras
Choven ledicias
Choven amarguras
Por todo o mundo choven sentimentos
Que nos poñen tristes
E ás veces… contentos

NISESA/2005

O NENO DA GUERRA

nisesa @ 20:47

neno_guerra.bmp< />O NENO DA GUERRA

Tiña os ollos tristes
A roupa en pedazos
Estaba asustado
Con tantos balazos
Morreron xa todos
Os que él coñecía
¡¡que vida tan triste!!
Que vida tan fría

Nisesa/2004

O PAXARIÑO

nisesa @ 19:46

paxarino1.JPG

O PAXARIÑO
Un día pola mañá
Cando me ía levantar
Escoitei un paxariño
Que estaba a piar

Asomeime á ventá
E alí estaba moi quedo
Tiña moito frío,
tiña moito medo

Estaba encollido…
Collino na man
Quenteino un pouquiño
Agora sempre canta
O meu paxariño

nisesa/2005

22/02/2007 GMT 1

Mimosas...

nisesa @ 22:20

mimosas.bmp
¡¡SON TAN FERMOSAS !!
Chegará por Vilavella,
polo O Freixo ou de O Deveso.
Ata ti irá a palabra feita verso
nunha tarde coma esta
fría, neboenta e a punto de morrer.
Pero chegará a palabra e o verso
para darche mornura,
para que queden diante dos teus ollos
coma un ramallo de mimosas.
Quixera, si, que foran iso: un ramo de mimosas
¡Arrecenden tan ben!
¡Son tan fermosas!

O Eume baixa sen presa
deixando cantos e trelos
eu cun ramo en Vilavella
invisible coma o vento.

A carón da túa porta
o cantar farase ledo
Cando ti sais por ela
dirache non teñas medo.

(Adicado a min...polo visto)

Un regaliño...poemas.

nisesa @ 20:00

nieves_de_pe.BMP CANTIGA DE NEVES

Amolecida a noite
fina a garganta,
soa a cantiga leda
e un bardo canta.

Flor das camelias,
rosa de cedo.
Pases por onde pases
pasa sen medo.

Teño unha roseira branca
atada nun lazador,
vaise camiño de As Pontes
feita canción.

Para levarcha á noite
pola ventá,
fendida en sete cachos
dunha mazá.

Pala levarcha quero,
feita e composta.
Una cantiga leda
da miña boca.

Na miña boca posta,
baixa do castro,
a canción queda presa
dun alabastro.

O carballo pequeno,
sombra e testigo,
do cantar alimeiro
que vai contigo.

Canas de centeo,
canas de trigo,
brancas follas primeiras
e graos de millo.

Rosa das camelias
flores de cedo.
Pases por onde pases,
pasa sen medo.

Branca neve, de Neves;
neves que pousan,
ollos verdes de Neves
mirando escoitan.

Neve branca, de Neves;
Neves e rosas,
a cantiga de Neves,
flor de mimosas.

Rosa das camelias,
flores perennes;
canta As Pontes por xunto,
canta con Neves.
Un poeta (12-01-06)

Polo correo do vento...(poema)

nisesa @ 19:44

viento.jpg

POLO CORREO DO VENTO
Polo correo do vento
Mándoche a miña canción,
nun sobre de sentimento
que asinei co corazón.

Escribín liña por liña
á luz da miña saudade,
no colo dunha estreliña.

-A esa hora no Valiño
se cadra, a sombra das árbores
morrerá sobre o camiño..._

Ao acaba-la canción,
sequei a tinta, inda verde,
co pó da miña emoción.

E, logo funa botar,
ás altas horas da noite,
polo buzón do luar...

-Estaba todo calado,
no buzón había unha carta
dun luceiro namorado.

Máis tarde sentín pasar
ó peatón dunha nube
co correo do luar..._

... Cando por aí pase o vento,
Terriña do corazón,
nun sobre de sentimento
darache a miña canción...

(Iglesias Alvariño, A.)<

As floriñas dos toxos

nisesa @ 19:32

Floriñas de toxo

AS FROLIÑAS DOS TOXOS

¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!
Eu venero as froliñas dos toxos.

Dos toxales as tenues froliñas,
que sorríen, a medo, entre espiñas.

Entre espiñas que o ceo agasalla
con diamantes as noites que orballa.

¡Oh do ermo preciado tesouro!:
as froliñas dos toxos son de ouro.

De ouro vello son, mai, as froliñas
dos bravos toxales, ¡das devocións miñas...!

(Noriega Varela, A)

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis